Saturday 04 de May de 2024

A Policía Autonómica levou a cabo 244 dispositivos na fin de semana dentro dos controis das medidas para evitar a propagación da Covid


— Identificáronse 98 persoas nas labores de vixilancia que se realizaron en 28 concellos galegos e que se saldaron con 19 denuncias

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo esta fin de semana un total de 244 dispositivos en 28 concellos galegos. Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, e saldáronse con 98 persoas identificadas e 19 denuncias, das cales 10 foron por non facer uso da mascarilla e 9 por consumo alcol na vía pública,

O axentes realizaron na provincia da Coruña 22 dispositivos nos concellos en Boiro, Noia, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira,Santiago de Compostela e Vedra. Na provincia de Lugo leváronse a cabo 14 dispositivos nos concellos de Burela, Foz, Lugo, Monforte, Ribadeo e Sarria

Na provincia de Ourense, leváronse a cabo 83 dispositivos nos concellos de Allariz e Ourense, onde houbo 9 denuncias por consumo alcol na vía pública. Na provincia de Pontevedra leváronse a cabo 125 dispositivos nos concellos de Barro, Catoira, Marín, Meis, Moaña, Mondariz, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Vigo e Vilaboa, que se saldaron con 10 denuncias en Sanxenxo por non levar mascarilla.

Estes dispositivos encádranse no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.